jueves, 7 de junio de 2012

CURSO DE CERTIFICACIÓN ENERGÉTICA CALENER VYP Y CALENER GT

Tendrá lugar en la sede de Coeticor de A Coruña del 11 al 14 de junio

Como é ben sabido, a promoción e divulgación dos principios e tecnoloxías que marcan a Eficiencia Enerxética constitúen nestes últimos anos un dos obxectivos principais dos planos e actividades de formación de COETICOR.
Esta formación vai dirixida singularmente á eficiencia enerxética dos distintos tipos de
edificios e, por riba de todo, a nosa capacidade profesional de CERTIFICAR o cumprimento das condicións establecidas nas distintas normas que as regulan, fose a nível estatal ou fose no ámbito autonómico.
Como ten acontecido xa en anos anteriores, o CONSELLO GALEGO DE EE.TT.II. ven de
concertar un novo convenio co INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) que,
apoiándose nas condicións e dotacións económicas artelladas con o INSTITUTO PARA
LA DIVERSIFICACIÓN Y EL AHORRO ECONÓMICO (IDAE), ten como finalidade o desenvolvemento de Cursos integrais de CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS nas distintas sedes locais da nosa organización colexial en Galicia.
Ao abeiro dos criterios que marca a Directiva 2002/91/CE, concretados no Documento DBHE
do R.I.T.E. e demais normativas contidas nos Decretos e Ordes que afondan na sua aplicación práctica, centraremos a nosa tarefa fomativa nas novidades da evoluición
do software existente para os programas CALENER-VYP e CALENER-GT.
Celebramos a segunda edición do CURSO, nesta volta, na cidade de A CORUÑA del 11 al 14 de junio.